Urrutia
Urrutia

Opiniones

Toques

Toques

penso que este concello merece unha mención especial, non só pola Capela de San Antoniño é polo dolmen de Fornodemouros senón por multitude de paraxes que se esconden nos valles e pequenas montañas que abundan dentro dos límites municipáis. ademáis tamén discurre o camiño Primitivo de peregrinación a Santiago que ven desde Oviedo e entra en Toques polo Marco das Seixas, cruzando a serra do Careón (a cal non foi respetada polas novas tecnoloxías), e onde podemos ver a pena Gulpilleira. o camiño Primitivo lévanos polas parroquias de Vilouriz Villamor e San Martiño, todoas coa súa respectiva igrexa, en dirección a Melide onde conecta coa Camiño Románico. Castros e mámoas tamén son moi frecuentes neste concello, dato que nos dí que nalgún tempo foi terra habitada por castrexos (Castro da Graña, de Piñeiro, Vilamor, Castro Pedro, etc...) as Fervenzas de Brañas son outro lugar incuestionable que se pode visitar, é un salto de auga de 40 metros acompañado dun muíño queaída se mantén de pé. son moitos os muíños que se poden atopar no concello algúns dos cales todavía funcionan. con todo esto animo a visitar este concello onde podedes practicar sendeirismo realizando unha dos 9 roteiros que contén. un saúdo.

Publicado el: 12/03/2008

Ver opinión completa >

Ver todas las opiniones
Área viajero
Entrar con tu cuenta
Pulsando entrar aceptas las condiciones de uso